• 1
  • 2
  • 3

Os campus de VIDE voltarán no 2018 despois do gran éxito das iniciativas de Samil e a ETEA

Os campus de VIDE voltarán no 2018 despois do gran éxito das iniciativas de Samil e a ETEA

18 Xullo 2017

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou o terceiro e derradeiro campus polideportivo organizado pola Fundación Vigo en Deporte para este verán. Nas tres últimas semanas, sempre de luns a venres e de forma consecutiva, VIDE, dependente da Concellería de Deportes, organizou, ademais do seu tradicional campamento nas Travesas (26 ao 30 do mes pasado), outro no complexo deportivo municipal da ETEA (3 ao 7 de xullo) e o concluído hai uns días nas instalacións de Samil (do 10 ao 14).

Ler máis...

Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

12 Maio 2017

A decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, ten aberta a súa inscrición bonificada. O torneo vaise celebrar nos mellores campos municipais da cidade do 3 ao 9 de xullo.  

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...
IMG 8960webA primeira edición da Nocturna Concello de Vigo - Ardora 2017 cita coa historia a 120 nadadores, 21 deles mulleres, para disputar hoxe unha milla náutica (1.852 metros) na praia de Ríos, na ETEA (22:00 horas). Deberán dar dúas voltas ao circuíto deseñado.
 
Do mesmo xeito que nos anos 40 o Náutico foi promotor da primeira travesía a nado da ría entre Moaña e Vigo, agora é o Club Natación Vigo Rías Baixas o que toma a testemuña histórica para ofertar a primeira edición dunha travesía nocturna, esta vez na enseada da que foi base naval.
 

 
IMG 8979webÁ terceira intentona este ano o vigués Gonzalo Basconcelo (Real Club Celta) sumou o seu primeiro triunfo no Circuíto Run Run Vigo 2017 ao impoñerse cun tempo de 23:24 minutos na Nocturna de San Xoán, a proba pedestre máis tradicional das puntuables para o circuíto municipal pois data de 1984.
 

 
Presentación BandeiraO concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, presentou este venres a XXV Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 18 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal. Dez tripulacións de toda Galicia e unha de Asturias (Castropol) pelexarán polo triunfo.
 

 

f7A selección de fútbol 7 do Campionato de Vigo en Xogo está dende onte na localidade de Puertollano (Cidade Real) para disputar a decimoterceira edición do Campionato de España de F7, baixo a organización da Asociación Nacional de Fútbol 7, á que Vigo pertence.

Vintecatro equipos de todo o país xogan o torneo, que ademais este ano engadiu competición de veteráns. 

 
IMG 6924webO alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o bandeirazo de saída á Vigo Cup 2017, que este ano terá "dous apartados distintos porque incorpora o fútbol sala ao fútbol e fútbol 7", explicou o rexedor na rolda de prensa de presentación. 
 
O torneo de fútbol sala celebrarase do 26 de xuño ao 2 de xullo e o de fútbol e fútbol 7, do 3 ao 9 de xullo. "Serán dúas semanas do mellor deporte no maior evento deportivo de Galicia e, posiblemente, de España", sostivo.