VCwebA decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, xa fixou data definitiva.
 
Tras estudar dúas posibles datas (última semana de xuño e primeira de xullo) e valorando o panorama futbolístico local para os meses de verán (outros torneos e campus de fútbol), o concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, marcou a semana do 3 ao 9 de xullo como a de disputa desta nova edición.
 
O torneo, que en 2016 adxudicáronse o Real Club Celta (sub 10 e sub 14), Val Miñor Luvenfor (sub 7, sub 8 e sub 16), Areosa (sub 12) e Miño (Damas), volverá xogarse nos mellores campos da cidade.
 
Nacido co século (2001), o evento é a meirande manifestación deportiva na cidade no que se refire ao deporte de formación, ao competir uns 2.800 partipantes en cada edición.