• 1
  • 2

Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

12 Maio 2017

A decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, ten aberta a súa inscrición bonificada. O torneo vaise celebrar nos mellores campos municipais da cidade do 3 ao 9 de xullo.  

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...

Campeonas MInibasketPor primeira vez na historia do club, os equipos alevín e benxamín do Academia Celta conseguiron de xeito simultáneo o título de campión galego tras a disputa das fases finais en A Estrada, durante a pasada fin de semana. Partidos de máxima tensión e competitividade mostraron o mellor das vinte e dúas xogadoras cun ambiente excelente.

 

regata nauticoOnte tivo lugar a presentación da imaxe seleccionada no concurso organizado polo Real Club Náutico de Vigo, no que o xurado elixiu por unanimidade o traballo do vigués Juan Ignacio Montenegro. O alcalde felicitou á organización por "gran idea" de sumar un carácter "artístico cultural" á regata.

 

convivencia vigo2015O pasado sábado, a Academia RedBlue VIGO2015 celebrou unha Xornada de Convivencia para os integrantes das súas categorías Prebenxamín e das Escolas de Babys, aproveitando a finalización das competicións. Para iso, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que puxo a disposición da Academia o Pavillón do Berbés, entre as 10 e as 14 horas celebrouse un torneo, non competitivo e sen vencedores nin vencidos.

 

clausuras tenisContinuando coas xornadas de clausura do curso deportivo 2015/16 en Vigo, chegou a quenda da escola de tenis. O alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiron o traballo das promesas do tenis vigués.

 

benxamin basketCo patrocinio do Concello de ‪Vigo‬, o Club ‪‎Baloncesto‬ Seis do Nadal - Coia organiza este domingo día 12 o IV Día do Benxamín Vigo-Arousa no multiusos de ‪‎Navia‬ e na zona exterior do pavillón. Vintetrés equipos de categoría benxamín das delegacións de Vigo (17) e de Arousa (6) participarán no evento, é decir, 250 deportistas, cinco pistas no interior do polideportivo e 35 partidos dende as 16:00 ás 20:00 horas.