manel_185_280Co inicio dunha nova tempada, este concelleiro de Deportes quere facervos chegar o máximo apoio para o voso proxecto, unhas palabras de ánimo ante outro ano complicado pola situación xeral do país, da que por desgraza o sector do deporte non está exenta, e a confianza cega no tecido deportivo vigués e na súa capacidade de superación.

Cónstame, porque así o vivo cada día que manteño reunións de traballo cos directivos de todas as modalidades ou asisto aos eventos que se organizan, que as entidades deportivas van ofrecer, unha campaña máis, o mellor de si mesmas. Porque ese é o seu sino, voso sino, forxado en anos de duro traballo en favor do deporte formativo, que no pico máis alto da pirámide ten ao deporte de elite como espello.

Os meus respectos para quen, co seu esforzo, axuda transversalmente a formar á cidadanía do futuro. Estamos no mesmo camiño, no mesmo empeño, porque para nós, Vigo é, ademais dunha morea de clubs e asociacións, un aluvión de eventos e unha xigantesca orla de deportistas de éxito, o noso terreo de xogo.

 

Manel Fernández
Concelleiro de Deportes
Presidente da Fundación Vigo en Deporte