Imaxe do contacto

O VOVI (Voluntario VIDE) executa un labor social decididamente impagable. Sen él, un evento carece de alma, porque a súa presenza desinteresada marca a diferenza, achega o sentido da solidariedade a calquera torneo e inxecta enerxía e esforzo nos momentos de maior tensión ou máis complicados. Ese é o voluntario, reclamado polos clubs para campionatos autonómicos, trofeos, carreiras... Non obstante, onde o voluntario desenvolve un labor mesmo docente é nas competicións ou actividades para nenos e nenas. O VOVI converteuse nun recurso indispensable da Vigo Cup, un evento futbolístico que cada verán e durante unha semana move centos de participantes polos mellores campos do municipio. E tamén no programa estrela da Fundación, o campus polideportivo VIDE Concello de Vigo. O VOVI, de vermello rechamante, non pasa desapercibido. O seu labor, fundamental, é un dos valores da Fundación Vigo en Deporte. E esta actividade está aberta todo o ano a calquera persoa maior de idade.

 

A Fundación VIDE tamén conta co apoio do Voluntariado Galego da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia: www.voluntariadogalego.org

 

Nova lei do voluntariado:

 

B.O.E. 15/10/15

 

Para ser voluntario, envíanos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo.