IMG 5055O Concello de Vigo continúa co seu plan para dotar de desfibriladores todas as súas instalacións deportivas. 
 
Os complexos deportivos das Travesas e Navia, o ximnasio do Carme (a primeira instalación pública do Concello), o pavillón do Berbés e o complexo de Navia xa contan con desfibrilador semiautomático.
 
O ano pasado, a Concellería de Deportes investiu 38.000 euros nunha segunda fase na que se adquiriron catorce equipos para o complexo da ETEA, os pavillóns de Teis, Coia, Lavadores, Bouzas, Candeán, Coruxo, Castrelos, Carballal e Valladares, o estadio de atletismo de Balaídos e os campos de fútbol de Bouzas (Baltasar Pujales), Castrelos (Monte da Mina) e Sárdoma (As Relfas).
 
Agora, Manel Fernández, edil de Deportes, destinou outra partida (35.000 euros) para mercar trece novos desfibriladores, que xa teñen ubicación nos campos de fútbol municipais de San Andrés de Comesaña (A Xunqueira), Meixoeiro, Santa Mariña de Cabral, Candeán, Carballal (A Bandeira), Sampaio, A Guía e o campo de fútbol da Bouza, no barrio de Coia, así como no polideportivo de Sárdoma.
Ademais, está previsto destinar tres deles ao campo de fútbol de Navia (Pahíño), a pista Vermella (As Travesas) e o pavillón do Carme, nestes momentos a piques de rematar a súa reforma.