Abel webTodo presto para a meirande marcha a prol da igualdade. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rodeado por deportistas de varios clubs (Sárdoma, FPR O Olivo, Xuvenil de Teis, Maniotas,...), atletas como Ester Navarrete, dirixentes, representantes dos patrocinadores privados e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou Vigual, unha marcha que se celebrará no centro da cidade e Casco Vello o domingo 11 de marzo.
 
Na "rolda de prensa máis multitudinaria que din en once anos", explicou o rexedor, este anunciou que "queremos que Vigo sexa a patria da igualdade, un lugar de encontro dende a igualdade", e para iso anunciou que "unha gran andaina de 4 quilómetros", que se poderá realizar "correndo, camiñando ou a paso lixeiro", vai situarse como a actividade central de apoio aos actos do Día da Muller (8 de marzo).
 
A marcha está programada para o domingo 11 de marzo, ás 11:30 horas. Trala presentación se abriu o prazo de inscrición gratuíta no portal www.championchipnorte.com
 
Baixo o lema "Vigo móvese pola igualdade", Caballero subliñou que "desta movilización queremos facer en Vigo unha gran bandeira", e afirmou que elixiu o eido deportivo porque "o deporte é unha pantalla e un altofalante inmenso para a igualdade".
 
O xefe do goberno municipal explicou que a inscrición será de balde e espera a resposta de "todo Vigo", non só das mulleres, senón tamén de nenos e homes, "para a marcha máis importante que se poida facer nunca".
 
A organización, a cargo das Concellerías de Igualdade e Deportes, servizo este dirixido polo edil Manel Fernández, incluirá actividades paralelas (hip hop, danza, baile deportivo, zumba...).
 
O percorrido foi deseñado polo centro, con saída e chegada na Porta do Sol. Pasará por Policarpo Sanz, García Barbón, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Colón, Marqués de Valladares, Fermín Penzol, Praza da Constitución, Elduayen, Ferrería e Abeleira Menéndez ata alcanzar de novo a Porta do Sol.
 
Apoian a iniciativa municipal Altia, Frutas Nieves, Coca-Cola e Hyupersa, o concesionario oficial en Vigo de Hyundai. Precisamente as catro firmas colaboran coa Fundación VIDE, que preside Manel Fernández.