Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O panel de empresas que xunto co Concello de Vigo fan realidade o apoio ao deporte formativo mediante a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) está a amosar a súa importancia tamén de xeito directo co patrocinio doutros eventos, casos do Desafío Boot Camp Race ou os torneos internacionais Concello de Vigo de vela ou de caiac de mar.
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, materializaron este luns, xunto coa tenente de alcalde, Carmela Silva, o seu apoio á X Vigo contra o Cancro, durante o acto de presentación da nova convocatoria na Casa da Cultura Galega. O evento, cunha proba de 5.000 metros, non competitiva, e outra de 10.000, correspondente ao circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo, está prevista para o domingo 15 de outubro en Coia.
- Detalles
Continúa aberto o prazo de inscrición para o programa municipal de escolas deportivas 2023/24. O alumnado inscrito o curso pasado (o 22/23) poderá facelo ata o vindeiro mércores día 13. Os rapaces e rapazas de nova incorporación farán a matrícula do 15 ao 26 de setembro. O programa é un dos que xestiona a Concellería de Deportes e contempla dous xeitos de inscrición: presencial (nas oficinas do complexo deportivo municipal das Travesas) ou pola web (deportes.vigo.org).
- Detalles
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.