Asefa Salud Seis do Nadal Coia. Infantil femeninoO Distevi Seis do Nadal Coia loitará por un posto na final do Campionato Estatal de Clubes de balonmán de categoría infantil masculina na casa. E é que a Federación Española de balonmán concedeu ao Seis do Nadal Coia a organización do Sector A desa categoría.

Nela, os actuais campións galegos veranse as caras co BM. Cáceres, San Sebastián de los Reyes e Maristas Ademar. A competición disputarase en formato de todos contra todos a unha sóla volta a última fin de semana de maio no pabellón de Coia. O gañador conseguirá o pasaporte para xogar a final nacional.

O Asefa Salud Seis do Nadal Coia infantil feminino terase que desprazar a Xixón para disputar o Sector nacional. As “nenas de ouro do Seis” quedaron encadradas no grupo B co BM Xixón - Calderón, Malkaitz Eskubaloia de Navarra e BM. Pereda de Cantabria.

O sector celebrarase os días 29, 30 e 31 deste mes de Maio e será o primeiro de grupo o que se clasifique para a final do Campionato Estatal.

O clube que preside Antón Piñeiro tamén terá representación nos Sectores Cadete masculino e feminino que se disputan dende o 22 ao 24 de maio.

O Paleo Training Seis do Nadal xogará en terras vascas ante Anaitasuna, EDM Ademar e Tecniker Eibar Eskubaloia.

O Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia cadete feminino terá a sorte de xogar na casa. Será o equipo anfitrión dun grupo no que se verá as caras con Jomefesa Bm. Oviedo (campión asturiano), o HV CCR Esemcyl vallisoletano (1º na súa liga) e o EMD. Aceuchal de Extremadura.