O Magope Seis do Nadal Coia arroia ao BM Artabro

Imprimir

O Magope Seis do Nadal Coia de Primeira Nacional superou con total autoridade ao Bm Artabro Novo Mesoiro, a pasada fin de semana, no partido correspondente á primeira xornada de liga. O resultado final, 43-19, fala ben ás claras do que sucedeu nos 60 minutos. O partido foi un monólogo do equipo vigués. Ao descanso a diferenza era xa de 18 goles (26-8).

“Agardabamos un equipo con pouca experiencia e moita xuventude e foi o que presentou o Balonmano Artabro. O marcador o di todo. Eles puxeron actitude e esforzo ata o final; nós despregamos todo o noso xogo e esa goleada sitúanos circunstancialmente no liderado”, recoñeceu o adestrador do Magope Seis do Nadal Coia o final do encontro.