O Magope Seis do Nadal Coia non logrou sorprender ao Construciones Castro Chapela no seu feudo e regresou a Vigo de bailero. Perdeu por 31-26 , un partido igualado na súa primeira parte e con claro dominio local na segunda.

Os de Jorge Fernández situáronse ben sobre a cancha desde o comezo, plantáronlle cara aos de Fran Teixeira e ata chegaron a adquirir dous goles de vantaxe (8-10, min 21). Pero o Chapela non se veo abaixo. Todo o contrario, logrou darlle a volta ao marcador antes do descanso para irse gañando por 16-13. Na segunda parte, os locais atoparon porta fácilmente con accións de Chema Cid e Orge e aproveitáronse ademais dos erros nas contras do Magope Seis do Nadal Coia para abrir unha diferenza de seis goles no marcador, insalvable xa para os vigueses, e acabar adxudicándose o triunfo final por 5 goles de diferenza.

Germán Iglesias, con 8 tantos, foi o máximo goleador do Magope Seis do Nadal Coia. Os outros goles repartíronos Pablo García (6), David Costa (4), Javier Freijeiro (2), Adrián Leirós (2), Jacobo Rodríguez (2), Alberto Novoa (1) e Marcos Trenta (1).

Ao final do encontro, Jorge Fernández lamentaba os erros cometidos polos seus xogadores e a ocasión perdida de derrotar a un equipo chamado a loitar por un posto de play off. “Non soubemos aproveitar as oportunidades que tivemos para meternos no partido e acabámolo pagando”.

En sete días, o Magope Seis do Nadal Coia recibirá en Coia ao Vitaldent Balonmano Pontevedra.