O Concello de Vigo decide manter intactas as achegas ao deporte pese á redución da actividade dos clubs

Imprimir

ManelO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá que o Concello distribuirá case dous millóns de euros entre o tecido deportivo da cidade. Logo de reformular as bases de concorrencia para que a falta de actividade imposta pola crise sanitaria non supuxera un obstáculo legal, o goberno local poderá manter os seus compromisos co deporte vigués.

Tal e como detallou, 925.000 euros serán para o deporte de base -que beneficia a uns 200 clubs-; 496.000 euros serán para os dezasete clubs de elite; 40.000 euros para o deporte urbano; 125.000 para a Fundación Vigo en Deporte e 308.000 para o programa municipal de escolas deportivas.

De feito, o rexedor advertiu que "pese a actividade reducida" das entidades pola pandemia, esta decisión ten que ver cos "gastos fixos" que os clubs teñen haxa ou non competicións. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes e vicepresidente de VIDE, Manel Fernández, cree que o compromiso do goberno vigués é "total como amosa esta nova medida qiue garante a estabilidade dos clubs".