Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Fotico 24O Concello de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi), co apoio da Fundación Vigo en Deporte e a colaboración da Real Federación Galega de Fútbol están na conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal, nas modalidades de fútbol 8 e fútbol 11.

A competición, que regresa despois do parón pola pandemia, contará con catro categorías, as tradicionais de cando o evento se puxo en marcha no ano 2013 (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil). Deste xeito, no fútbol 8 xogarán as categorías prebenxamín (nados en 2015 e 2016), benxamín (2013 e 2014) e alevín (2011 e 2012), mentres que os infantís (2009 e 2010) competirán en fútbol 11.

A organización, coordinada por Daniel Costas, presidente de Afavi, ten previsto o torneo de luns a xoves, en xornada de serán, do 26 ao 29 de decembro. Neste evento patrocinado pola Concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández, a organización contará con campos municipais aínda por definir.

Na derradeira xornada (día 29), a entrega de premios está prevista no complexo deportivo municipal de Navia. Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente executivo de VIDE estiman que neste retorno dunha competición tan tradicional haberá un cento de equipos inscritos.

Velaquí a normativa e follas de inscrición, remitidas aos clubs, nos enlaces seguintes:

Inscrición Club Torneo de Nadal 22

Inscrición de xogadores Torneo de Nadal 22

Autorizacións 2022 para toma e publicación de imaxes

Información Torneo de Nadal Concello de Vigo 2022