Sen tempo para o descanso e para asimilar tanto vitorias como derrotas, unha nova xornada de liga, a terceira, que enfrontará hoxe, mércores, ás 20,00 horas, no Pavillón de Coia, aos equipos do Club Vigo Voleibol e C.V. Zaragoza.

Despois da segunda xornada na que os dous equipos, que se enfrontan hoxe, tiveron resultados dispares, xa que mentres os maños saíron vitoriosos no seu enfrontamento contra Tarragona, os vigueses saíron derrotados da súa visita a terras andaluzas, este encontro resultará moi complicado para ambos os dous equipos. Os maños chegan á nosa cidade ocupando o liderado da clasificación, algo que ninguén presaxiaba xa que foron dos equipos descendidos a campaña anterior pero unha boa xestión das súas fichaxes fixeron que nas súas filas poidan ter grandes xogadores que fan que o equipo estea no mais alto da clasificación. Grandes xogadores que están encabezados por Manuel Crespo, xogador pretendido no final da tempada pasada polos vigueses, o colocador Viciana, que chega despois da súa experiencia en varios equipos de superliga, Barbosa, Fidalgo,y o americano Denmark xunto co libre Cuesta, forman un sexteto que ata este momento está a dar moitas alegrias aos moitos afeccionados de Zaragoza que aprecian o bo Voleibol.

En fronte estará un VIGO que despois de dúas xornadas está inmerso en tratar de atopar un equilibrio entre o seu ataque e a súa defensa e sobre todo en mellorar os erros que se producen no final de cada un dos sets disputados. Calafell segue traballando para que os fallos ou erros desaparezan o antes posible e sexan capaces de pechar encontros que, co marcador a favor, non puideron facelo.

A chegada de Sevilla e o adestramento de onte martes, para recuperar, fixérona sen ningunha novidade, algo digno de resaltar, que de momento as lesións respectan aos xogadores de Calafell, fíxose cun sabor agridoce xa que todos esperaban unha vitoria e regresaron cun solo punto e unha derrota apertada por 3-2 que sabe moi mal despois dunha loita de case tres horas no Pavillón de Montecillos. Recuperados esperan poder ofrecer aos seus afeccionados un bo encontro e se é posible unha vitoria que lles daría moita tranquilidade e os achegaría aos postos medios da clasificación.

O encontro en Sevilla xogou ben e estase a producir unha melloría dende o comezo da pretempada, vaise de menos a mais e isto fai presaxiar certas esperanzas para que a tempada non se encha de altibaixos e a regularidade entre de cheo no seo dos xogadores. Todos chegan contentos co seu rendemento e esperan poder ofrecer unha vitoria aos seus siareiros.

Non é bo momento, entre semana, para encher o Pavillón de Coia pero a directiva xa se preocupou para que as bancadas teñan un bo aspecto e sobre todo que os afeccionados poidan seguir apoiando un equipo que, malia os seus problemas económicos, non cell en manter na nosa cidade a lapa do Voleibol de máxima categoría. Ninguén dubida que os xogadores farán o máximo esforzo e porán o máximo empeño en ofrecer un bo espectáculo a todos os que se acheguen a Coia a presenciar o encontro en directo.

Para este encontro están designados os colexiados Folgar e Ares.