cprincipe06_bMal comezaba a xornada do sábado para o Club Vigo xa que os xogadores titulares Manuel Blanco e Juan Guerrero non puideron xogar o partido por atoparse lesionado. Manuel Blanco lesionouse durante o adestramento da mañá cunha contractura muscular e Juan Guerrero espertou con tortícolis.

Enfronte o actual líder da táboa clasificatoria sen ningún set en contra e polo tanto sen ningunha derrota e todas vitorias. Un equipo con xogadores internacionais coa selección española e con algún exxogador do equipo vigués.

O primeiro set empezou moi igualado ata o empate a 5 puntos onde os locais impuxeron a súa superioridade en bloqueo e lograron chegar con vantaxe de tres puntos ao primeiro tempo técnico 8-5. A partir de aí, a vantaxe local foi aumentando sen que os vigueses puidesen facer algo fronte á superioridade local grazas ás súas defensas e ataques e aos moitos erros visitantes. Así se chegou ao segundo tempo técnico cunha vantaxe para os sorianos de 9 puntos, 16-7. Esta vantaxe mantívose ata o final do set por 25-17.

Novo set pero mesma intensidade por parte dos xogadores do Club Vigo Voleibol. Os ataques eran defendidos unha e outra vez polos sorianos e un gran Moltó realizaba unha e outra vez bloqueos, dificultando o ataque visitante. Un parcial inicial de 5-0 que foi aumentando, xa que non se vía ningunha actitude por parte dos vigueses, ao longo do set ata chegar ao resultado final de 25-16.

O comezo do terceiro set foi totalmente distinto ao resto do partido, cunha vantaxe para os vigueses de 4 puntos, 2-6 no marcador. Os ataques eran mais efectivos e a defensa local non tan boa. Así se chegaba ao primeiro tempo técnico con dous puntos de vantaxe 6-8. Tras este descanso volveuse á tónica dos sets anteriores e volveu o rolo soriano para chegar ao segundo tempo técnico co marcador 16-11. Así os locais mantiveron a diferenza para gañar o set por 25-17.

3 C.M.A. de Soria Numancia:, Moltó, Rocamora, Casa, Palharini, ALTAYÓ, Flores, Libre De Miguel Tambien xogaron Folguera ,De Oliveira e Vinuesa.

0 Club Vigo Voleibol: Galego, Díaz-Romeral, Sátiro, Chaso, Dimitrieski e Lloret. Libre Rodríguez. Tamén xogou Mahía e Dus.

Parciais: 25-18 en 24', 25-16 en 28' e 25-17 en 26'.
Lugar: Soria - Polideportivo Os Pajaritos. 350 Persoas.
Árbitros: Francisco Saboroso (Madrid) e Andrés T. Andrés (Castellón).