ascensovigovoleibolMañana, ás 18,30 horas, no Pavillón de Coia, disputarase o encontro correspondente á quinta xornada da superliga masculina de Voleibol, e que enfrontará aos equipos de VIGO VOLEIBOL e o Tenerife Sur, de Arona.

O encontro preséntase moi interesante en todos os sentidos. Deportivamente falando enfróntanse dous equipos de similares características e parecido potencial, aínda que non de similar presuposto xa que os canarios seguen sendo dos conxuntos que poden manter o mesmo presuposto da tempada pasada. A súa clasificación actual é un espellismo xa que o equipo que teñen é das consideradas importantes na competición 2010-2011.

Tenerife Sur é dos equipos veteranos na categoría pero tamén dos conxuntos que cada tempada están a loitar polos postos altos da competición, que vén disputando algunha competición europea ou que disputa cada tempada a final da Copa do Rei. Por todo iso cremos que o encontro resultará difícil para os locais que terán que repoñerse da derrota sufrida a pasada xornada en Soria.

Tenerife vén de saír derrotado, na súa propia cancha, contra C.V. Tarragona, equipo que ata ese momento non conseguira ningunha vitoria e precisamente a foi a conseguir en terras canarias. Pero iso non significa que Tenerife non conte con xogadores moi experimentados e cun grande nivel deportivo que son capaces de alcanzar cotas mais altas pero que posiblemente a pasada xornada sufrisen un baixón mental para non render ao nivel que espera de cada un deles.

Xogadores como Haroldo Lino, French, Lamus, Rayco, Moisenco, cotrilo con Zeben de Líbero son dun gran nivel e sobre todo algún deles de moita experiencia na máxima competición española e outros chegaron a disputar competición europea con equipos nacionais. Por todo iso cremos que a súa clasificación actual é irreal xa que están empatados cos vigueses en case todos os aspectos clasificatorios. Empates a puntos, xuntos na clasificación e soamente lles separan un set en contra que teñen menos os canarios que os vigueses. Ante esta diferenza cabe pensar que o atractivo do encontro tamén está no rendemento persoal e colectivo de cada equipo e sobre todo no resultado final xa que o equipo que consiga levar os tres puntos dará un grande paso cara á súa salvación.

Boas noticias son as que chegan da enfermaría viguesa que xa recuperou os seus dous xogadores, Juan Guerrero e Manuel Blanco, que a pasada xornada non puideron nin se cambiar no seu desprazamento a terras sorianas. Unha vez na nosa cidade xa están recuperados totalmente e adestraron co grupo con total normalidade. Isto significa que Calafell poderá contar con todo o equipo e dispoñer os seus xogadores de forma que poidan loitar polo obxectivo deportivo que non é outro que o que se produciu coa visita a Vigo do multicaja de Zaragoza, ao que se venceu por un claro 3-0. Este sería un gran resultado parta seguir ascendendo tanto nas aspiracións deportivas coma na táboa clasificatoria.

As bancadas de Coia volverán rexistrar unha boa entrada xa que este sábado será un día enteiro de Voleibol, pois coinciden todas as categorias do Club como locatarios o que significa Voleibol dende as nove da mañá ata a finalización do encontro de superliga.

O encontro arbitrarano os colexiados cataláns Señores Ventura e Fernández.