vigovoleibol1.2.10Xogaban moito os dous equipos e tiveron mais acerto os locais nun partido no que o resultado se puido inclinar cara a calquera dos dous contendentes.

Ían, posiblemente, moi confiados os vigueses a este desprazamento, e aínda que o resultado final non foi moi malo, tráense un importante punto, poderían conseguir a vitoria sobre todo pensando en que Tarragona é dos equipos da súa liga e terán que loitar contra eles para conseguir, canto antes, a tranquilidade dos puntos en disputa.

No primeiro set os locais fóronse rapidamente no marcador por tres puntos, diferenza que chegaron a aumentar ata os seis 8-2. A reacción dos vigueses comezou pero con moita calma achegándose ata os catro puntos 16-12. A partir dese momento os locais agarráronse ao seu ataque e aos erros visitantes para aumentar a diferenza ata un perigoso 21-12. Con esa grande diferenza no marcador os vigueses remataron entregando o set moito mais doado do que a priori esperaba cun marcador moi amplo de 11 puntos.

No segundo set prodúcese a reacción viguesa e dende os primeiros compases do xogo xa se nota que os visitantes non queren entregar o partido o que significa que comezan cunha vantaxe de ata tres puntos 1-4. A medida que corre o set as diferenzas fanse maiores, de catro puntos e ata de seis 12-18. Os locais non permiten que se afasten mais pero os vigueses manteñen o mesmo ritmo de xogo que lles permite finalizar o set con esa diferenza de 5 puntos.

Comeza case un novo partido con todo igualado pero onde non deben producirse mais erros por parte viguesa. Os empates sucédense e cada un pensa en asegurar tanto os seus ataques como os seus bloqueos. Os locais métense mais no set e despois do empate a 6 puntos vanse no marcador cun perigoso 14-9 que deixa contra as cordas aos vigueses. Os locais seguiron traballando e a diferenza aumentou ata os oito puntos 23-15 que deixaba sentenciado o set.

O cuarto set volve comezar con pequenas vantaxes dos vigueses que parece que queren reaccionar. Os empates, novamente, mantéñense no marcador pero son os visitantes os que se despegan por dous puntos 10-12. A partir dese momento dous bos bloqueos vigueses achéganlles ao segundo tempo técnico e dálles mais tranquilidade para seguir traballando e tratar de conseguir o empate. Así foi xa que as vantaxes seguían aumentando para os visitantes ata marchar no marcador por eses seis puntos de diferenza cos que rematou o set.

O quinto e definitivo volveu ser un pouco lotaría. Este é o segundo partido, de seis xogados, que os vigueses o disputan a cinco sets e os dous partidos fose de casa. Unha mala recepción e xa se poñen dous puntos arriba os locais que se manteñen mais fríos e moito mais metidos no campo que os visitantes. Esa diferenza souberon enxugala os vigueses para chegar empatados a 13 puntos. Dous erros visitantes deron ao traste coa ilusión viguesa.

Como parte positiva dicir que estes dous sets lle conceden un punto aos vigueses que lles segue mantendo na metade da táboa e coas súas aspiracións intactas que non pasan mais que por manter a categoría.

Parciales:25-14 (20 m.) 20-25 (27m.) 25-16 (23m.) 19-25 (28m.) 15-13 (16m.)
Tarragona: Dimitriesky A.; Dimitriesky B.; Salinas; Amora; Altamirano e Imhoff. Libre Bescos. Tamén xogaron: Jimenez e Tey
VIGO: Branco; Romeral; Nenad; Silvio; Chaso e Guerreiro. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Mahia; Galego e Dus.
Arbitros: Andrés e Martínez
Pavillón Municipal: 150 espectadores