vigoEra difícil o compromiso dos vigueses en Barcelona xa que se enfrontaban ao quinto clasificado e con aspiracións de chegar ao cuarto posto. Se a iso lle engadimos que o xogo visitante non foi todo o fluído que viña sendo ata este momento podemos darnos conta de que o resultado é o mais xusto para o vivido na tarde de onte en Barcelona.

Este foi o último encontro da primeira volta e a partir deste momento os vigueses deben seguir pensando que non está todo rematado e deben seguir mellorando en cada encontro que disputen.

O primeiro set tivo dúas historias ben distintas. Os dous equipos moi pronto se meteron no partido e os xogadores loitaban cada un dos puntos en disputa pero que non inclinaban o marcado cara a ningún dos dous. Mentres que o comezo foi moi igualado, con empates a 5 e a 8 puntos, a segunda parte do set inclinouse cara ás cores azulgranas e a diferenza chegou ata 3 puntos. Calafell pediu o seu primeiro tempo morto e as cousas non se endereitaron xa que as diferenzas chegaron a 5 puntos 19-15. Tras dúas boas xogadas visitantes estes achegáronse perigosamente no marcador 21-19 o que obrigou aos locais a través do seu técnico Alemany a solicitar un tempo morto que tranquilizou aos seus xogadores e valeu para apurar mais o set e finalizalo con eses catro puntos de vantaxe no marcador que non din da loita igual que se mantiña no campo.

O segundo set comeza coa mesma intensidade por parte de ambos os dous conxuntos. O marcador mantense moi igualado e os empates sucédense sen que ningún dos dous consiga despegarse. Despois duns algarismos de 4-4 e de 6-6,se chega ao primeiro tempo técnico con vantaxe dun punto para os locais 8-7. Despois das correspondentes correccións por parte dos técnicos. Despois deste tempo os que saíron mais lanzados foron os locais que se agarraron ao seu oposto Saucedo para despegarse con moita tranquilidade no marcador para chegar ao segundo tempo técnico con catro puntos de diferenza 16-12, Esa tranquilidade permitiulles aos locais poder facer o seu xogo sen que os vigueses puidesen poñer os seus rivais en perigo en ningún momento. Esa diferenza ampliouse aos cinco puntos que case facían imposible calquera reacción por parte viguesa. As distancias mantivéronse e mesmo aumentaron sen que os vigueses fosen capaces de frear os ataques locais. Ao final os vigueses entregaron o set cunha grande diferenza de 25-14.

O terceiro set, como non podía ser doutro xeito, comezou igual que os dous anteriores, moi metidos os xogadores no seu papel e moita igualdade para ambos os dous equipos. Chégase ao primeiro tempo técnico con Vigo diante 7-8. Pero esa igualdade mantívose ata o segundo tempo técnico ao que se chega 16-15. A igualdade mantívose no marcador pero foron os locais os que se despegaron contra é puntos de tranquilidade 20-17 que os mantivo a iniciativa ata o final do set.

F.C. BARCELONA 3 UORSA VIGO 0
Parciais: 25-21 (26m.) 25-14 (23m.) 25-21 (25m.).
Barcelona: Saucedo, Parrés, Sugrañes, Rodríguez, Galindo e Arranz. Libre Gámiz. Sen cambios.
Vigo: Branco, Chaso, Silvio, Romeral, Guerreiro e Nenad. Libero Arroyo. Tamén xogaron: Dus, Mahia e Galego.
Pavillón Esportiu Parc Cornellá.- 200 espectadores
Árbitros: Bernaola e Andrés.