Derrota do Uorsa Vigo en Zaragoza

Imprimir

vigoDemasiado movemento no seo do UORSA VIGO ao longo da semana que se pechou coa indisposición (Gripe) de Manuel Blanco unha vez chegados a Zaragoza. O rival forte aínda que con certos problemas á hora de escapar da queima que supón estar cerca do descenso. 

Os vigueses esperando como serían capaces de reaccionar despois da marcha de Chaso a Soria. Total que dalgunha forma o rendemento dos vigueses xa se presumía que sería incerto e sobre todo o que poderían pensar que o receptor que marcha estaba a realizar unha gran tempada. Pero parece que non os influíu demasiado pois os discípulos de Calafell foron capaces de facer un grande encontro nunha cancha difícil e sobre todo en circunstancias moi especiais. Tráense un punto que lles axudará a amantener as distancias cos seus perseguidores.

O primeiro set, aínda que comezou igualado, tivo os xogadores vigueses moi frios, posiblemente o frio exterior influíse, e todo iso presaxiaba que os locais, premidos polo resultado, terían que sacudirse os ataques visitantes. Entre unha cousa e outra os locais mais asentados no campo, fóronse rapidamente no marcador o que lles deu moita tranquilidade e sobre todo unha grande diferenza no marcador que lles permitiu poñerse diante no marcador.

O segundo set xa comezou de distinta forma. Víase que os vigueses non se querían deixar gañar de ningún xeito e entraron no campo cunha aptitude totalmente distinta á do set anterior. Desta forma distanciáronse no marcador por cinco puntos que manter souberon e que mesmo aumentar para empatar o encontro.

O terceiro set xa comezou mais igualado e ningún dos dous equipos escapaba no marcador. As diferenzas eran moi pequenas, salvo na recta final do set no que os locais chegaron a poñerse cun perigoso 22-19. Eses tres puntos de diferenza poderían darlles moita tranquilidade pero non foi así xa que os vigueses se aferraron ao traballo que veñen realizando durante a tempada e chegaron a empatar a set a 25 puntos. A partir dese momento os cambo foron constantes para ambos os dous equipos e ningún era capaz de pechar o set. Foron os vigueses os que, despois de varias igualadas pechárono cun grande ataque e bo bloqueo. Isto xa significaba un punto nun encontro moi difícil.

O cuarto set foi, como os anteriores, moi igualado e os dous equipos estaban metidos de cheo no partido. Despois do empate a 10 puntos os locais separáronse no marcador por tres puntos 15-12, diferenza que mantiveron no marcador ata chegar a 20-17. Neste momento os locais mais acertados no saque distanciáronse no marcador por cinco puntos, diferenza que mantiveron ata o final do set que lles valeu para empatar o partido.

Novamente un encontro a disputar a cinco sets, e van seis na tempada, para o UORSA VIGO e que nesta ocasión lles serviu para saír derrotados por un apertado 3-2. Este resultado pode ser bo pero deberá traballar moito Calafell para recuperar os seus xogadores xa que o próximo sábado haberá encontro en Coia contra Soria. Encontro que todos esperan con interese e que deberá encher as bancadas de Coia ás 20,00 horas.

ZARAGOZA 3 UORSA VIGO 2
Parciais: 25-16 (27m.) 18-25 (26m.) 29-31 38m.) 25-20 (25m.) 15-12 (18m.)
ZARAGOZA; Crespo; Viciana; Fidalgo; Ferreira; Enroque e De Souza. Libre Costa. Tambien xogaron: Kalonge e Batalla.
UORSA VIGO; Silvio; Nenad; Branco; Romeral; Chaso e Guerreiro. Libre Regueiro. Tamén xogou Dus.
Árbitros; Andres e Saboroso. Ben
Pavillón CDM Século XXI.- 250 espectadores