O Uorsa vigo recibe ao Numancia de Soria

Imprimir

ascensovigovoleibolCon dous obxectivos moi claros, a vitoria e encher Coia, é como afrontará hoxe sábado o UORSA VIGO o seu enfrontamento contra Numancia de Soria, ás 20,00 horas e coa Televisión de Galicia en directo.

Este é o sábado que pecha unha semana chea de acontecementos deportivos e extradeportivos. No primeiro dicir que se conseguiron tres puntos en xogo, dous contra Cajasol e un o pasado mércores contra Zaragoza nun encontro que se podería gañar e que se saldou coa quinta derrota por 3-2 no que levamos de tempada. Mal sabor de boca deixou este resultado pero como parte positiva está o punto que levaron á súa cuadrícula.
A segunda parte é a marcha de Chaso ás filas, precisamente, do conxunto que nos visita esta tarde. Non imos entrar, mentres outros non o fagan, en como se xerou esta marcha e se no que poida pasar no encontro de hoxe.

Numancia chega á nosa cidade como segundo clasificado na superliga despois de desbancar a CAI de Teruel desa posición e seguindo moi de preto a Unicaja Almería. A competición está moi disputada e tanto por arriba coma por abaixo os equipos seguen loitando para que cada un poida conseguir o seu obxectivo deportivo canto antes.

Os sorianos chegan a Vigo a conseguir unha vitoria que os manteña na senda dos triunfos e fano con todo o seu equipo. Cremos que sen a nova fichaxe. Nas súas filas teñen xogadores de gran valía, internacionais ou aqueles que nalgunha ocasión dispuxeron da oportunidade de representar a España. Estes son os casos de Moltó, Flores ou Palharini, por certo exxogador do conxunto local. Xunto a eles outros que teñen un futuro prometedor como son os casos de Rocamora, De Miguel ou Altayó e por último o central extrajero De Oliveira. En contra da situación deportiva dos locais estes aspiran ao máximo e agora mesmo están entre os catro grandes da liga española. O pasado fin de venceron, en Soria, con bastante facilidade a Tarragona.

En fronte estará un UORSA VIGO que terá que render ao cen por cen se quere conseguir algún dos puntos que se disputan en Coia. Os Guerreiro, Branco, Satiro, Nenad ou Romeral non deben notar a baixa do seu excompañeiro Chaso e deben demostrar que son capaces de saír airosos deste enfrontamento.

Os vigueses chegan de disputar, de Zaragoza, un encontro a cinco sets o que lles puido causar certo cansazo que unido ao desprazamento esperemos todos que non lles pase factura á hora do encontro.

Despois da apertada derrota dos vigueses en Zaragoza chegan cun punto mais na súa cuadrícula e agora deben tratar de conseguir, canto antes, os puntos necesarios para repetir a próxima tempada na máxima categoría. Para iso sería moi interesante que se conseguise algún punto neste encontro e logo ter moita tranquilidade para poder pechar a clasificación de cara á seguinte tempada.

Habida conta que o encontro se atrasa da súa hora habitual, con motivo da retransmisión en directo pola T.V.G., a directiva do UORSA VIGO repartiu por varios colexios da nosa cidade convites para que os mais novos poidan dar certa cor e ánimo aos seus xogadores nun encontro que se considera importante. No encontro de ida os sorianos conseguiron unha doada vitoria por 3-0 no que podería ser o peor encontro dos nosos representantes fóra da nosa cidade.

Para dirixir o partido foron designados os colexiados Folgar e Ares.