Mais que un partido case podemos dar un parte de "guerra" xa que os vigueses saíron moi minguados xa que no quentamento se lesionou Romeral, que xa non participou no encontro, Regueiro xogou medio coxo por unha escordadura que se fixo no adestramento do venres e Galego rematou cun cóbado moi inflamado debido a unha caida no segundo set.

Podemos aplicar o refrán de que a can fraco todas son pulgas e nunca mellor dito xa que sen querelo os vigueses se achegan ao abismo do descenso pois xa dependen de terceiros resultados e estes non lle son nada favorables. Posiblemente se neste encontro os vigueses fosen capaces de, polo menos, meter os saques outro galo cantaría xa que foron capaces de poñer nerviosos os xogadores visitantes que remataban protestando demasiadas xogadas claras que non ofrecían dúbida pero eles estiveron mais metidos no partido que os vigueses e esta fe foi a que lles permitiu levar os tres puntos en disputa.

O primeiro set xa comezou con demasiadas descolocaciones locais xa que a lesión de Romeral se produce cando xa estaba entregada a rotación o que significou que Calafell tivese que improvisar un cambio para levar a un central a posto do lesionado. Co 5-9 no marcador os locais empezaron a centrarse e a xogar e as diferenzas fóronse recortando ata poñerse a dous puntos 20-22. Non foron capaces os vigueses de achegarse mais xa que os saques, o mais frouxo do partido, non os axudaron a eles senón que aos seus rivais.

Despois dun primeiro set bastante ben xogado, sobre todo pensando no seis que estaba na cancha, todos esperaba que no segundo os visitantes baixasen un pouco o seu traballo e se relaxasen algo. Non foi asi xa que, novamente, os saques locais lles daban demasiada vantaxe xa que cada vez que recuperaban o balón fallaban no mais doado. Desta forma os cataláns íanse con demasiada facilidade no marcador de ata sete puntos 11-18 o que lles permitiu finalizalo sen traballar en exceso xa que os vigueses facían os seus puntos e os dos seus rivais.

No cuarto set vimos un UORSA mais enchufado no partido, cada xogador case sabendo o que tiña que facer mentres que os cataláns se poñían nerviosos. Protestaban en exceso demasiadas xogadas claras e eran capaces de parar o xogo local. Os vigueses totalmente alleos a estas protestas seguían traballando no campo e as diferenzas no marcador facíanse cada vez mais imposibles de superar. Del 5-3 inicial pasouse a un claro 16-10 que deixaba en franquía o set para os locais.

O cuarto set xa se presumía, dende as bancadas, que sería para os visitantes xa que o equipo local o entregou case dende o comezo. Novamente empezaron a fallar os seus saques e tamén os ataques, que ata ese momento se estaban a realizar bastante ben. Os vigueses baixaron os brazos coma se xa fixesen o seu traballo e isto permitiu ao F.C. Barcelona impoñerse neste set e no encontro.

UORSA VIGO 1 F.C. BARCELONA 3
Parciais: 22-25 (30m.) 17-25 (24.) 25-19 (25m.) 19-25 (30m.)
UORSA VIGO; Branco; Silvio; Nenad; Galego; Mahia e Guerreiro. Libre Regueiro. Sen cambios.
F.C. BARCELONA; Saucedo; Sugrañes; Galindo; Parres; Rodríguez e Arranz. Libre Gamiz. Tamén xogaron: Lampariello; Martin e García.
Árbitros; Súarez e Erce. Ben
Pavillón de Coia. 200 espectadores.
Presidiu o partido o concelleiro de Deportes Xabier Alonso.