cprincipe16Encontro moi difícil para os xogadores vigueses que se enfrontaron ao lider da clasificación que non quere perder ningún partido no que resta de tempada e non debería ser contra un conxunto vigués ao que o seu técnico debe recompoñer xa que as lesións, ao final de tempada, están a pasar factura e o equipo queda moi curto para calquera tipo de rotación.

Destacar que ante un gran conxunto, como é o de Almería, os xogadores vigueses loitaron moito no primeiro set, non tiveron excesiva fortuna no segundo e volveron sacar a relucir a súa casta no terceiro. Terán que seguir esperando á seguinte xornada para coñecer o seu destino final xa que Zaragoza volveu puntuar en Palma e soamente a derrota de Arona lles permite ter certa esperanza de manter a categoría.

O encontro comezou cun UORSA moi metido no partido e apertando moito os dentes para non deixar que os seus rivais se fosen no marcador. E así foi xa que as diferenzas iniciais eran soamente de dous ou tres puntos. Os cambios de saque eran constantes o que daba a entender que os xogadores de Calafell non se daban por vencidos. Con todo os andaluces non se relaxaron en ningún momento e o marcador ampliouse ata unha diferenza de tres puntos, 18-15. A partir dese momento foi cando a noto a grande diferenza de equipo o que lles permitiu pechar o set.

O segundo tivo pouca historia aínda que ao comezo do set os locais non eran capaces de despegarse dos seus rivais. A primeira diferenza notable foi co marcador 11-8. Novamente o traballo local, sobre todo en bloqueo, permitiulles ir ampliando o marcador para deixalo nunha diferenza de 10 puntos.

No terceiro set puidemos ver un UORSA moi traballador e loitando todos os balóns na pista. Isto permitiulles adiantarse no marcador, por primeira vez no partido, ata de tres puntos 5-8. Esta diferenza mantívose ata que os locais chegaron a empatar a 14 puntos e chegar ao segundo tempo técnico soamente cun punto de diferenza 16-15. A partir dese momento os locais aferráronse a non perder ningún set e a bo seguro que o conseguiron. O maior equipo e a grande calidade dos seus xogadores fixeron o resto.

Satisfeitos, polo bo xogo realizado, regresan os xogadores vigueses e mirando de esguello a clasificación para empezar a traballar o luns e preparar outro dos encontros difíciles desta segunda volta que será en Coia contra Teruel, o segundo clasificado da superliga.

UNICAJA ALMERIA 3 UORSA VIGO 0
Parciais: 25-20 (26m.) 25-15 22m.) 25-19 (26m.)
UNICAJA-Pérez; Smith; Freriks; Sevillano; Delgado e Salas. Libre Cheas. Tamén xogaron: Salmon e Salvador
UORSA VIGO; Branco; Nenad; Guerreiro; Silvio, Galego e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Coveo e Dus
Árbitros. Dez e Martínez. Regular
Pavillón Moisés Ruiz. 700 espectadores