Os novos xogadores do Vigo deron guerra ante o Soria (3-1). Este primeiro encontro da tempada, pode marcar unha liña de coñecemento de como poden disputar a competición os xogadores do Vigo, xa que case todos os equipos comezan con certo descoñecemento de como están os seus rivais e isto non deixa de ser unha sorpresa ata que o balón empeza a disputarse no campo.

Os vigueses, cun equipo similar á da tempada pasada, coa baixa de Gómez, seguen traballando para que a canteira marque os froitos dun traballo de varios anos con xogadores da nosa cidade.

Malia saír derrotados de Soria os novos xogadores vigueses deron guerra a un conxunto que, tamén novo, está a tratar de recuperarse da perda de moitos dos seus bos xogadores.

Nas filas viguesas non se desprazou o seu libre titular Carlos Rodríguez e Parga sufriu unha pequena lesión durante o partido pero, aínda que algo minguado, puido seguir no campo.

O primeiro set comezou con certo nerviosismo por parte viguesa e cometíanse moitos erros o que daba moito marxe aos locais. Despois dos empates iniciais ata o 5-5, foron os locais os que marcharon no marcador de catro puntos. O tempo morto vigués non serviu para corrixir os erros e os locais seguían sumando con moita facilidade. A vantaxe chegou a aumentar ata os nove puntos que foi cos que finalizou o set.

O segundo set xa comezou con mais igualdade e os erros do primeiro fóronse corrixindo o que supuxo que a igualdade figurase no marcador. Despois do primeiro tempo técnico 8-7 os vigueses empataron o set e puxeron por diante de dous puntos 11-13. Esta diferenza a aumento ata tres no segundo tempo 13-16. A partir dese instante, os locais apertaron en defensa pero non foi suficiente xa que os vigueses moito mais entoados chegaron a finalizar o set por unha diferenza de seis puntos.

O terceiro set xa foi mais disputado que os anteriores, sobre todo no seu comezo, pero novamente os vigueses foron os que baixaron a garda e entregaban balóns aos seus rivais con erros dos que non están afeitos a cometer. Estes novos fallos vigueses déronlle ás aos locais que marcharon no marcador de cinco puntos o que lles deu a suficiente tranquilidade para chegar ata o final do set.

O cuarto set foi un calco do primeiro, onde os vigueses cometeron moitos erros que favorecían os seus rivais e non atopaban en ningún momento o seu lugar no campo. Para rematalo os colexiados, asturianos, tamén puxeron o seu granito de area coa súa parcialidade xa que diante tiñan un equipo cheo de xogadores que nalgún momento tiveron unha gran categoría e en fronte case a un equipo xuvenil ao que lle caían as faltas aínda que non foses.

Soria 3 Club Vigo 1
Parciais: 25-16 (16m.) 19-25 (29m.) 25-18 (32m.) 25-19 (30m.)
Soria: Mineral; Segura; Morata; Burgal; Salvador; e Pérez. Libero. Hernández
Vigo: Parga; Sánchez; Rodríguez; Ortega; Alonso e Mateo. Libre Penedo. Tamén xogaron: Óscar Sánchez; Nathan e Peláez.
Árbitros; Losada e Álvarez.
Pavillón Os Pajaritos: 1.00 espectadores con moito ruído.