Difícil desprazamento do Club Vigo a Madrid

Imprimir

Este domingo, ás 13,00 horas, disputarase no Pavillón de Entrevías de Madrid a xornada correspondente á superliga de Voleibol e que enfrontará os conxuntos do V.P. Madrid e aos vigueses do Club Vigo. O encontro é de suma importancia para os dous conxuntos, debida á situación que os dous ocupan na táboa clasificatoria, pero cremos que algo máis para os locais xa que o encontro se disputa na súa casa e debe demostrar que non queren ser os últimos de la clasificación.

Tamén os vigueses loitarán para conseguir os puntos en disputa sobre todo para encher de tranquilidade todo o seu equipo e os seus afeccionados.

O conxunto madrileño recén ascendido, ou recuperado este ano para o Voleibol nacional, está formada fundamentalmente por xogadores da capital que estiveron a defender as cores doutros equipos en tempadas anteriores e agora recalan no seu primeiro conxunto. Aínda que tamén teñen xogadores galegos como Diego Mahia que durante tres tempadas defendeu as cores do conxunto vigués e agora, debido ao seu traballo, segue gozando do voleibol dende a capital de España.

O equipo non está formado por descoñecidos a nivel nacional xa que xogadores como Vaos, Dante, Román ou Petrov, seguen sendo coñecidos a nivel nacional e sobre todo rendendo a un nivel moi alto. Estes xogadores son os encargados de tratar de manter o seu equipo na máxima categoría unha vez que finalice a competición 13-14. Pero tamén está claro que os xogadores vigueses teñen ese mesmo obxectivo e é este o encontro mais importante dos que se levan xogado ata este momento. Os vigueses non teñen nada que perder e moito que gañar xa que xogan en campo contrario e son os madrileños os que deben dar o do de peito para conseguir a vitoria.

Despois da pasada xornada os dous equipos ocupan as dúas últimas posicións da clasificación sendo o último o conxunto madrileño debido a á media de sets gañado e perdidos, pero os dous conxuntos teñen o mesmo número de puntos na súa cuadrícula. O resultado dos seus respectivos encontros foi dispar xa que mentres os madrileños saían derrotados por 2-3 ante o representante de Castellón, os vigueses saían airosos despois de derrotar, contra prognóstico, o representante andorrano.

Por todo iso os vigueses se desprazan co ánimo de conseguir unha vitoria que os afaste dos últimos postos. Carlos Galego xa está dispoñible para todos os encontros e que no día de onte se incorporou ao grupo, superada a súa lesión, o libre Cali que posiblemente non será da partida pero que Eduardo Sánchez poderá, contar co para o encontro do día 16 na nosa cidade ante outro dos conxuntos complicados como é o de Castellón xa que os equipos que deixa Madrid son os que despois se enfrontan aos vigueses.