Presentábase unha nova dificultade para o Club Vigo no pavillón de Coia xa que visitaba a cancha unha dos conxuntos que esta tempada aspira a estar arriba na clasificación final, o Vecindario AC Gran Canaria (0-3). Novamente os contratempos que sofren os vigueses adoitan pasarlles factura xa que esta semana se lesionou o central Ortega e o venres no último adestramento Eduardo Sánchez, o seu colocador, que se nota moito a falta como xogador.

Por todo iso o conxunto vigués se presentou mais "xuvenil" que nunca xa que dos seis xogadores dous eran senior e o resto xuvenís. Iso podería restar emoción ao partido pero non foi así xa que se os erros locais non fosen tan abundantes o resultado podería ser outro.

O primeiro set comezou moi igualado xa que deas o comezo ningún dos dous equipos era capaz de despegarse no marcador. Foron os locais que chegaron a poñerse tres puntos arriba no final do set 19-16 que daba moitas esperanzas a poder poñerse por diante no marcador dos parciais. Pero non puido ser xa que novamente os erros locais chegaron nesa recta final do set e como consecuencia o parcial se foi á cuadrícula visitante.

O segundo set tivo moi pouca historia xa que dende o comezo os visitantes se foron no marcador de ata oito puntos 2-10 o que poñía en franquía o parcial. Os locais totalmente descolocados con respecto ao set anterior e os erros moito mais avultados que no primeiro parcial. Poucos cambios do técnico vigués e como consecuencia non houbo reacción posible.

O terceiro set foi moi parecido ao primeiro xa que os vigueses saíron mais centrados e sobre todo, metalizar, a que se podía facer algo máis do que se estaba a facer. Os vigueses puxeron por diante dous puntos no segundo tempo técnico o que facía albergar certas esperanzas de poder ver un set mais apertado pero non foi así xa que xurdiron as fallos en recepción e como consecuencia os visitantes aproveitáronse deles para finalizar o set e o partido.

O próximo fin de semana os vigueses descansan o que pode significar a recuperación dalgún dos lesionados que boa falta fai cando se está a xogar cun equipo tan nova.

CLUB VIGO 0 VECINDARIO 3
Parciais: 23-25 (30m.) 13-25 (25m.) 20-25 (28m.).
VIGO: Linares; Peláez; Parga; Mateo, Rodríguez e Alonso. Libre Cali. Tamén xogaron: Penedo e Oscar Sánchez.
VECINDARIO: Ramos; Castañeda; Artiles; Mejias; Deniz e Fernández. Libre Valido. Tamén xogaron: Biliato; Rodríguez; Socorro.
Árbitros: Cerrato e Torrens.
Pavillón de Coia. 150 espectadores.