Derrota do Club Vigo ante o Unicaja Almería por 0-3. Moi complicada presentábaselle a xornada aos xogadores vigueses xa que recibían un dos aspirantes ao trono da Copa. Pero os espectadores puideron gozar do xogo dos vigueses.

O segundo set non tivo historia xa que os andaluces puideron en todo momento coa ilusión viguesa pero foron o primeiro e o terceiro os que fixeron gozar os afeccionados xa que ao comezo de cada un dos parciais a igualdade era grande no marcador e puidéronse ver xogadas de moito mérito sobre todo pensando que o terceiro set Eduardo Sánchez rematou cos seis xogadores xuvenís na cancha o que pon de manifesto a loita que tiveron que facer ante un equipo dos grandes da liga.

O primeiro set comezou con moita igualdade no marcador xa que os vigueses non se rendían antes do comezo do partido. Saíron a xogar e sobre todo a non se engurrar ante un equipo moito mais grande que o local. Pero esa igualdade rompeu nada mais pasar a barreira dos dez puntos xa que a partir dese momento as diferenzas entre os dous equipos se fixeron notar no marcador. A iso tamén sumaron os locales varios fallos, posiblemente obrigados polo grande rival que tiñan en fronte.

O segundo set tivo pouca historia xa que os visitantes se foron ao primeiro tempo técnico cunha vantaxe de oito puntos 0-8. Pouco fixeron os vigueses para arranxar o marcador que se maquillou con dez puntos locais.

O terceiro set foi o mais emocionante dos tres ao mesmo tempo que o mais interesante xa que Eduardo Sánchez deu entrada aos xuvenís que faltaban por saltar ao campo, o mesmo tamén sentou, e estes deron unha boa mostra do traballo que se está a facer na cidade con la canteira. Boas xogadas, non se engurraron en ningún momento e sobre todo obrigaron os visitantes a empregarse a fondo para que non se lle achegasen mais do que o fixeran ata ese momento.

Final interesante e con bo voleibol por ambas as dúas partes o que premiaron os afeccionados con aplausos para os dous equipos polo entusiasmo e sobre todo polo voleibol que se puido ver en Coia.

A semana seguinte descansan os xogadores o que pode servirlles para ir recuperando os lesionados salvo Daniel Ortega que posiblemente pase polo quirófano e terá unha mais larga espera.

CLUB VIGO 0 UNICAJA ALMERÍA 3
PARCIAIS: 18-25 (27m.) 10-25 17m.) 18-25 (27m.)
VIGO. Sánchez; Parga; Mateo; Alonso; Galego e Rodríguez; Libre Cali. Tambien xogaron; Penedo; Isaac; Linares e Oscar Sánchez.
ALMERÍA: Muñoz; Zancanela; Rocamora; Magnani; Bugallo e Bruque. Libre Llabrés. Tambien xogou Dus.
Árbitros; Álvarez e Fernández.