Derrota do Club Vigo ante o CAI Teruel por 0-3 no pavillón de Coia. Último partido de Liga xogado en Vigo onde os locais pouco tiñan que facer ante o líder. O primeiro set xa comezou con moitas diferenzas no marcador e os visitantes, moi profesionais, non deixaban respirar os novos xogadores vigueses que nalgúns momentos desaparecían do set e noutros entraban para facer grandes defensas contra un gran conxunto. A distancia no marcador foise acentuando ata a finalización do set.

O segundo foi moi similar ao primeiro aínda que coa grande diferenza de que neste os erros locais foron maiores que no set anterior. Aos campións non se lles pode dar ningunha vantaxe xa que se aproveitan dela. Isto foi o resumo deste set xa que os locais deron moita vantaxe a un conxunto que non a necesitaba.

O terceiro set foi no que se produciron os cambios, sobre todo no conxunto vigués. Esta situación podería levar a un final cunha gran vantaxe visitante pero non foi así. Os locais, con mais xuvenís nas súas filas, fixeron boas xogadas e sobre todo defenderon balóns moi difíciles o que supuxo que visemos un set un pouco mais apertado e bastante mellor xogador, por parte viguesa, que os dous sets anteriores.

O conxunto vigués preparará o seu desprazamento a Almería, ao longo desta semana, para enfrontarse ao Unicaja, onde esperan poder facer mellor papel que o visto en Coia.