O Club Vigo, co equipo máis xuvenil de toda a tempada, por motivo de baixas por problemas laborais, deu a cara ante un dos dous grandes que quedan no mundo do voleibol español, o Almería (3-0). O Vigo no segundo set deu entrada a todos os xuvenís e desta forma tamén se van formando de cara ao futuro. Eses mesmos xogadores fixeron fronte nun terceiro set moi ben xogado e salvo pequenos erros xogaron o voleibol que eles saben.

O primeiro set, comezou moi mal para os vigueses xa que dende o inicio foron moitos os fallos de saque co que a vantaxe que se lle deu a Almería foi tan grande que nada mais tiñan que deixarse levar para afianzarse no marcador. Os vigueses salvo en esporádicas ocasións non foron capaces de resolver, mesmo situacións doadas, o que motivou unha derrota clara.

O segundo set levou o mesmo camiño que no anterior coa salvidade que este xogo o disputaron os xogadores xuvenís, para eles unha honra polo rival que tiñan enfronte, pero unha responsabilidade que escapa a uns xogadores que aínda están en formación. Con todo eran capaces de facer boas xogadas para facer fronte a Almería.

O terceiro set foi o máis equilibrado xa que os vigueses creron en se mesmos e empezaron a facer o que eles mesmos saben. Con iso o marcador ía igualado xa que soamente dous puntos eran os que os separaban no marcador ata o 10-8. Linares empezou a facer bloqueos e Penedo a recibir moi ben o que significou que os ataques eran mais efectivos. Isto levoulles a empatar 12 puntos e obrigou a Molducci a pedir o seu primeiro tempo morto, algo que ata ese momento non pedira. Co empate a 15 puntos comezaron os erros arbitrais, loxicamente favorables ao grande, algo que descolocou os vigueses e fixo que o set lle fose favorable aos locais.

UNICAJA ALMERÍA 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-12 (23m.) 25-13 (24m.) 25-18 (28m.).
Almería: Hage; Dus; Bugallo; Almansa; Bruque e Muñoz. Líbero Llabrés. Tamén xogaron: Almeida e González.
VIGO: Sánchez; Parga; Rodríguez; Mateo; Alonso e Linares. Líbero Penedo. Tamén xogaron: Oscar Sánchez; Isaac Sánchez e Nathan.
Arbitros.- Arrate e Moya de Albacete.
Pabellón Moisés Ruíz. 300 espectadores.