O pasado sábado, no Pavillón Municipal Es Viver de Ibiza, disputouse o último encontro da superliga correspondente á tempada 13-14, non para os locais que disputarán os Play-off polo título pero se para os vigueses que se despiden dunha tempada para esquecer en case todos os aspectos.

O encontro desenvolveuse sobre o guión previsto, é dicir, un equipo que loita polo título e outro que, de momento, descende de categoría. Os vigueses, loitaron moi pouco e tiveron moi pouca fortuna no traballo que desenvolveron no campo. Cometeron moitos erros e como consecuencia véñense cunha derrota. Os locais esperaban mais loita visitante e non foi así xa que levaron o encontro de xeito moi relaxado aproveitándose dos erros visitantes.

O primeiro set estivo cheo de imprecisións tanto en ataque coma en defensa xa que en ningún momento foron quen de facer fronte a un conxunto que non se quería deixar sorprender polos últimos de la Liga. O técnico local saíu co sexteto titular para non se deixar nada no tinteiro e así foi como transcorreu este set sen ningunha historia.

O segundo foi moi similar ao anterior aínda que no sexteto vigués comezaron os cambios dalgúns xogadores. Comezou un pouco mais apertado que o anterior pero rapidamente viuse que os vigueses non podía e pouco loitaban. A consecuencia foi outra derrota similar á do set anterior.

O terceiro set, con mais cambios nos vigueses, foron estes os que comezaron mandando no marcador de ata tres puntos 1-4. Pero todo iso foi un espellismo xa que os locais, con grandes saques, se puxeron moi pronto por diante para irse ao primeiro tempo técnico, 8-3. A partir dese momento pouco tiveron que facer os visitantes que case se renderon ao mellor voleibol local.

Final dunha tempada que non servirá para enmarcar xa que se consumou o descenso e o que é peor sen posibilidade de correccións en todo aquilo no que se veu fallando ao longo do ano.

C.V. IBIZA 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-13 (23m.) 25-14 (26m.) 25-15 (26m.).
Ibiza: Guerrero; Solanas; Ronchi; Folguera; Hidalgo e Costa. Libre Sánchez.
Vigo; Sánchez; Mateo; Rodríguez; Parga; Linares e Alonso. Libre Cali. Tamén xogaron: Penedo; Oscar Sánchez e Isaac Sánchez.