O Club Vigo, campión galego xuvenil

Imprimir

O pasado domingo disputouse en Lugo a fase final do Campionato Galego xuvenil masculino de voleibol, a onde chegaron os catro primeiros equipos da fase regular. O primeiro partido, semifinais, enfrontou a Boiro contra Lugo, vencendo estes últimos cun apertado 3-1 e na outra semifinal enfrontáronse os vigueses contra Dumbría e a vitoria, con moita facilidade, foi para o Club Vigo por 3-0.

Pola tarde, na mesma instalación e cun grande ambiente de público, os vigueses levaron un autobús de afeccionados, disputouse a grande final entre os locatarios, Emeve e o Club Vigo. A vitoria foi para os vigueses nun encontro moi apertado, salvo o cuarto set, e onde puidemos ver os xogadores vigueses que durante a competición de superliga colaboraron disputando, moitos de eles, os encontros como xogadores titulares. Debemos destacar que o conxunto lucense para esta fase final fichara tres xogadores da selección española xuvenil provenientes da concentración permanente de Palencia, que soamente se desprazaron para estes dous encontros.

Importante vitoria da canteira viguesa onde destacaron todos os xogadores do equipo e co labor dos seus técnicos Suso Penedo e Yolanda Sienes, que os veñen preparando dende hai sete anos, tráense un novo Campionato Galego e ao mesmo tempo serán os representantes galegos no Campionato de España que se celebrará do 29 de abril ao 4 de maio en Badajoz.

EMEVE DE LUGO 1 CLUB VIGO 3
Parciais: 25-22 (23M.) 23-25 (27M.) 25-27 (30M.) 18-25 (26M.)
LUGO López, Conde, Sánchez, Bustos, Rodríguez e Diaz. Libre García. Tamén xogaron: Pérez e Estévez.
VIGO; Sánchez; Penedo; Rodríguez; Linares; Alonso e Ortega. Libre Saúl. Tamén xogaron. Nathan; Rubén; Fernández, Adrián e Tempas.
Pavillón Municipal de Lugo. 500 espectadores.
Árbitros: Bouza e Real.