O Xuvenil de Teis e o Club Vigo aportan cinco xogadores (catro chicas e un chico) para o campionato de España de Selecciones Autonómicas de voleibol para as categorías infantil e cadete, que se celebra dende hoxe ata o domingo en Valladolid.

Na categoría infantil feminina, as representantes do Xuvenil Teis serán Sara Urrea e Sabela Gómez. Para a selección galega cadete, as xogadoras de Teis que participarán con Galicia en Valladolid serán, Mirella Fuentes, convocada durante a tempada polo equipo de Superliga2, e Alicia González. O C.V. Xuvenil Teis tamén terá un representante no corpo técnico co adestrador Rodolfo Lago.

Na categoría masculina o Club Vigo aporta un xogador ao equipo infantil, Douglas Rivas.

O desenvolvemento da competición pódese seguir nos seguintes enlaces:


http://www.rfevb.com/home/cesa2014/index.html


http://www.fgvb.es/noticias.asp?id=688#.U1eWQ_lFutk