xuvenil pabellonComeza o ano para a Superliga2 feminina para o C.V. Xuvenil Teis e comeza cunha visita o C.D.U. Valladolid que ocupa a quinta praza do grupo A. O partido, que se disputará a partir das 20:30 horas no pavillón Fuente da Amora, deixará ver se este paro de Nadal dá os seus froitos nas xogadoras do equipo vigués.

Será a primeira de tres saídas consecutivas que realizará o equipo de Celso Veloso, xa que, a seguinte fin de semana visitarán Soria e o 30 de xaneiro viaxarán ata Santa Cruz de Tenerife para rematar o mes.

Para esta xornada Celso Veloso poderá dispoñer de todo o seu equipo.