xuvenil torrelavegaO C.V. Xuvenil Teis desprázase ata Cantabria para enfrontarse ao C.V. Torrelavega a partir das 18:00 da tarde do sábado, no pavillón La Habana Vella. Os locais, líderes da competición, veñen de perder contra CAEP Soria por 3-2 cun contundente 15-3 no quinto set. O equipo cántabro xa ten o ascenso asegurado ao levarlle 5 puntos ao equipo clasificado en segunda posición. Mentres que o equipo vigués, coas bases de competición na man, espera non descender xa que os grupos de Superliga2 poden ter ata doce equipos.

Na actualidade hai nove equipos por grupo. A liga rematará a seguinte fin de semana co enfrontamento na casa contra Zalaeta.

O equipo desprázase ata Torrelavega esperando dar a sorpresa da xornada.