xuvenil xuvO pasado sábado, o C.V. Xuvenil participou no Campionato Galego da categoría cadete de voleibol en Monforte de Lemos. Pola mañá a semifinal enfrontaba ao equipo vigués co Liceo de A Coruña. O partido que foi moi intenso, chegando ao quinto set, con parciais que demostraban a intensidade do choque. 25-21, 36-34, 23-25, 31-33 y 15-12.

Tras dúas horas e media de partido esperáballes a final ás 19:00 horas contra o anfitrión, Monforte, que pola mañá gañara ao Boiro.

Outra vez foi un partido vibrante e outra vez un partido a cinco sets. Ao comezo as locais puxeron por diante cun 2-0 bastante claro, con parciais de 25-22 e 25-16. A partir dese momento as xogadoras de Rodolfo Lago puxeron as pilas e quixeron demostrar por que estaban na final e se adxudicaron o terceiro set por un 22-25. No cuarto set cun resultado tamén moi axustado, 24-26, empataron o partido a sets. Ao chegar ao quinto set as locais, non sen esforzo cun parcial de 15-13, fixéronse co set, o partido e o campionato Galego que lles dá unha praza para o Campionato de España de Clubs.

As viguesas, con dez sets ás costas dérono todo en este Campionato, pero como declarou o seu adestrador Rodolfo Lago "Como amola morrer na beira" tras todo o esforzo realizado a recompensa foi o premio á MVP. A xogadora cadete Sara Urrea conseguiu o MVP tras as opinións dos adestradores participantes.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local e a xogadora Sara Urrea, polo premio recibido.