O ciclista do Autronic-CCV Yoav Bear, subcampión absoluto de Israel en contra o reloxo

Imprimir

374yoavO ciclista de Autronic-CCV Yoav Bear proclamouse subcampión de Israel na modalidade de contra o reloxo individual, quedando a 17 segundos do título, conquistado por Eyal Rahat. Este ciclista, de 27 anos, investiu un tempo de 52-23 en cubrir os 36 quilómetros sobre os que se disputou o campionato.

Yoav Bear, que cumpriu vinte anos precisamente o pasado venres 24 de xuño, avantaxou pola súa parte en 5 segundos a outro excorredor do Autronic-CCV, Niv Libner, actualmente enrolado nas filas do equipo continental italiano Amore & Vita.

Bear foi o mellor clasificado entre os menores de 23 anos, e o outro israelí do conxunto vigués Ilan Kolton ocupou a sétima praza, a 3-43 de Rahat. Ambos os dous corredores, que se desprazaran a Israel para participar nos campionatos do seu país, regresarán proximamente a Vigo para disputar o resto da tempada co Autronic-CCV.