Asier Fernández, ciclista do Autronic, segundo no Trofeo Euskaldun

Imprimir

Ciclista_Vigues_Asier_GlezO ciclista do Autronic - C. C. Vigués Asier Fernández rozou de novo a vitoria ao conseguir o excelente segundo posto en la proba XXXII SAN GREGORIO SARIA, disputada sobre de 137 quilómetros. Esta carreira está integrada dentro do calendario do Trofeo Euskaldun e contou cunha nutrida participación de 132 corredores de categorías elite e sub 23.

O segundo posto na carreira tamén lle proporcionou a Asier Fernández o subcampionato provincial de Vizkaia. A vitoria correspondeu a Borja Abasolo, do equipo guipuzcoano Devabarrena. En definitiva, grande actuación do ciclista do Autronic -CCV.

PROMOCIÓN ESCOLAR

Por outro lado, segue a promoción do Club Ciclista Vigués - Autronic nos colexios de Vigo, no ano do cincuenta aniversario da entidade no rexistro de e Ciclismo. Esta vez cursou unha visita ao Colexio Monterrey, para compartir a xornada con alumnos de quinto e sexto de primaria. A sesión tivo dous apartados, un teórico e outro práctico sobre a bicicleta.

Días antes as bicicletas volveran entrar nas aulas. Esta vez a visita foi ao CEIP Escultor Acuña, situado no barrio de Coia. En ambos os dous casos, os mozos mostraron un grande interese polas características do deporte ciclista e, posteriormente, tamén deron mostras das súas habilidades sobre as dúas rodas da bici.