Bear_Gabay_CCViguesO Autronic - C. C. Vigués incorpora a dous das promesas máis relevantes do ciclismo israelí, Yoav Bear, que cumprirá a súa cuarta tempada no equipo que dirixe Tomás Martínez, e a Guy Gabay, que chega  Vigo este ano por vez primeira. Ambos os dous militan en categoría sub 23.

Yoav Bear chegou ao conxunto vigués da man do seu compatriota Niv Libner, en 2010. Era o seu primeiro ano de sub 23. En 2011 viría  Vigo acompañado do seu compatriota Ilan Kolton. Ese ano proclamouse campión de Israel contra o reloxo na súa categoría (sub 23) e subcampión absoluto. En 2012 non chegou a competir en Galicia por unha lesión, pero este ano volve con ganas de ratificar as boas condicións que mostrase nas súas dúas primeiras campañas en Vigo.

Con Bear vén este ano Guy Gabay, ciclista que cumpre o seu segundo ano como sub 23. No seu palmarés figura un campionato de fondo junior de Israel e o subcampionato en contra o reloxo. Nesa categoría, rematou no posto 28 no mundial júnior, mellor clasificación dun ciclista israelí na cita do maillot arcoíris.