O Autronic-CC vigués decidiu o seu equipo para a Volta á Coruña

Imprimir

Bear_Gabay_CCViguesO Autronic - C.C. Vigués decidiu o equipo que presentará na Volta á Coruña, a disputar esta fin de semana en tres etapas. Os sete corredores elixidos polo técnico Tomás Martínez son: Rubén Sánchez, Asier Fernández, Paulo González, Samuel Blanco, Daniel Ruiz e os israelís Yoav Bear e Guy Gabay.

Os dous últimos corredores incorporáronse á disciplina da entidade ciclista viguesa a principios deste mes de maio. Para Yoav Bear é a cuarta tempada no equipo, mentres que Guy Gabay recala en Vigo este ano por vez primeira.

O excampión galego Rubén Sánchez, Asier Fernández e o propio Yoav Bear, deberán ser as principais referencias do Autronic-CCV na rolda coruñesa, que ofrecerán un alto nivel de participación, con quince equipos: nacionais e de Portugal, ademais da selección de Arxentina.

Paulo González, Samuel Blanco, Daniel Ruiz e Guy Gabay, a pesar da súa xuventude, deberán ser un bo complemento para unha formación que acode a esta competición coa intención de ofrecer unha imaxe de solidez como bloque.

La XII Volta á Coruña comeza o venres ás 14.00 horas, coa etapa: Padrón-Negreira; a segunda xornada disputarase o sábado con saída e meta en Rois; e a terceira e última celebrarase na mañá do domingo con saída e chegada a Riveira.