O Autronic-CC Vigués disputa a Volta ás Comarcas de Lugo

Imprimir

ciclista_vigues_maio_2013O Autronic - C. C. Vigués tomará parte na VI Volta Ciclista ás Bisbarras de Lugo, que se disputa en tres etapas, de venres a domingo, con quince equipos do pelotón elite e sub 23 español e portugués na liña de saída e un percorrido esixente. A distancia total a percorrer é de 379,5 quilómetros.

O equipo que dirixe Tomás Martínez presentará dous cambios con respecto ao que participou a pasada semana en la XII Volta á Provincia da Coruña, cunha notable actuación. Entrarán Jesús Linares e Iván Sebastián, substituíndo a Daniel Ruiz e Samuel Blanco, co que os sete integrantes do conxunto vigués en terras lucenses serán: Aiser Fernández, Rubén Sánchez, Jesús Linares, Yoav Bear, Paulo González, Iván Sebastián e Guy Gabay.

A lista de equipos participantes compóñena:

Liberty Seguros, Controlpack-A Senia, Mobel Murcia, GSport-Valencia Terra i Mar, Atika-Ameval, Mutua Levante-Delika, Gomur-Camargo, Cidade de Oviedo, Construcións Paulino, Spol-Porriño, Supermercados Froiz, Padróns-Aluminios Cortizo, Vigués-Autronic, Rias Baixas, CC Cambre Renault-Caeiro.

A rolda lucense presenta un percorrido selectivo, especialmente na xornada final, que inclúe tres portos de primeira e un de segundo nos seus 127,5 quilómetros de percorrido.

As etapas son:

Etapa 1: Lugo-Lugo, 142,2 kms. Cos seguintes portos: Ramil (3ª, Km. 134) e Alto dá Viña (2ª, Km. 142,2)
Etapa 2: O Valadouro - Valadouro, 109,8 kms, con: Alto de Coubeira (2ª, Km., 41), Miradoiro do Castelo (2ª, Km., 90,6) e Alto da Rúa (1ª, Km. 102,2).
Etapa 3: O Incio - O Incio, 127,5 kms., con: Alto do Incio (1ª, Km. 41,6), Oural (2ª, Km. 57,9), Aira Padrón (1ª, Km. 84) e O Incio (1ª, Km. 127,5).

JUNIORS E CADETES

O equipo júnior, pola súa banda, participarrá o domingo nunha proba do calendario portugués nas proximidades de Oporto; mentres que a ciclista cadete do club, Paula Sanmartín, disputará o Gran Premio Concello de Sopelana (Vizcaya), reservada para a categoría de cadetes.