Raúl González e Carla Fernández dan a vitoria ao Autronic-CCV en Viveiro

Imprimir

ccvigues_vivero_2013.1O cadete Raúl González e a alevín Carla Fernández, volveron darlle a vitoria ao Autronic - C. C. Vigués na trixésima edición do Trofeo San Roque, de Viveiro (Lugo), repetindo a actuación de quince días antes no Trofeo Concello de Dumbría, onde tamén subiran ao máis alto do podio.

González venceu en solitario, despois de rodar as cinco últimas voltas ao circuíto, tomando en relevo na cabeza de carreira o seu compañeiro de equipo Daniel Rodríguez, que rematou terceiro; e apoiándose nos labores de control que o seu equipo realizou no pelotón.

ccvigues_vivero_2013.2Carla Fernández, pola súa banda, foi a máis forte ao sprint, batendo a todos os seus rivais tanto de categoría feminina como masculina, noutra mostra da súa extraordinaria condición física. En infantís, o Autronic - C. C. Vigués conseguiría a unha sétima praza a cargo de Pablo García.