Colaboradores

Logotipo U.B. Lavadores
U.B. Lavadores
Presidente:  Iván Pérez Souza
Oficina:  Fragoso, 84 - 4º E 36210 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  ublavadores@yahoo.es

Superioridade do Cisne na súa cancha ante Las Cinco Jotas UB Lavadores, que perderon de 10 (39-29) e iso que os locais non xogaron ben. Esta fin de semana, os vigueses reciben ao BM. Promens Cañiza. O encontro será en sábado 21, ás 18.30 h.

 

Importante vitoria a conseguida na tarde do sábado para o Cinco Jotas UB Lavadores ante o BM. Luceros. Os vigueses gañan o seu segundo partido da tempada e loitan por escapar da zona de descenso. Esta fin de semana viaxan á cancha do Cisne BM. O encontro será o sábado 14, ás 17.30 h.

 

O Luceros Cangas gañou onte a Las Cinco Jotas UB Lavadores por 35 a 32. Os locais foron superiores no primeiro tempo o que lles deu unha renda que na segunda parte, a pesar de que os de Lavadores foron recortando diferenzas, non tiveron problemas para levar os puntos. O Lavadores recibirá a próxima xornada ao Cisne BM. O encontro será o sábado 18 de outubro ás 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

Superioridade do Magope Seis do Nadal-Coia, no pavillón de Lavadores, ante Las Cinco Jotas no primeiro derbi vigués da tempada (23-35). Os de Coia seguen líderes da clasificación. Esta fin de semanana, a cuarta xornada da 1ª Estatal masculina,   o Magope recibe ao E.D. Poio Artai. O encontro será o sábado 11 de outubro, ás 18.30 h., no pavillón de Coia. Las Cinco Jotas UB Lavadores enfróntase ao Luceiros a domicilio. O encontro xogarase o domingo, 12 de outubro.

 

balonmanoLas Cinco Jotas UB Lavadores e Magope Seis do Nadal-Coia, enfrontaranse este sábado, a partir das 18.30 h, no pavillón de Lavadores, na terceira xornada da Primeira Estatal masculina de balonmán. Os dous equipos vigueses levan sorte dispar neste inicio de tempada, os locais veñen de perder as dúas primeiras xornadas de Liga ante Vitaldent Pontevedra e Artabro Novo Mesoiro, mentres que os de Coia venceron ao Granitos Ibéricos Carballal e SAR Plastic Omnium. Emonionante encontro onde se espera que as dúas afecciones gozen do balonmán da nosa cidade.

 

El Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado na cancha do Artabro por 39 a 29. Os de Lavadores seguen sin atopar o seu rumbo e caeron ante un rival que foi superior durante todo o encontro  A próxima xornada derbi vigués, Magope e Las Cinco Jotas enfróntanse no pavillón de Lavadores. O partido será o sábado, 4 de outubro, ás 18.30 h.

 

Derrota do Cinco Lotas UB Lavadores en Vigo ante o Vitaldent BM Pontevedra por 28 a 31. Os locais estiveron todo o encontro por debaixo no marcador, faltándolles acerto no tiro. A próxima xornada, os de Lavadores enfrontaranse ao BM Artabro Novo Mesoiro a domicilio. O partido será o sábado 27, ás 18.30 h.

 

trofeo_balonmanOnte a festa do balonmán vigués celebrouse en As Travesas baixo a boa organización do Academia Octavio e a colaboración dos outros clubes de élite da nosa cidade, Unión Balonmán Lavadores, Asociación Deportiva Carballal e Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, que participaron no evento cos equipos de Cadetes e Sénior Masculino.

 

lavadores_valenciaO equipo xuvenil feminino do Unión Balonmán Lavadores, conquistou a medalla de bronce no Campionato de España celebrado o pasado domingo en Valencia. O equipo vigués conseguiu o seu bronce tras caer na semifinal ante o anfitrión Maritim, e vencer ao Málaga Alhaurín El Grande por 37-34, no partido polo terceiro e cuarto posto.

 

Táboas na última xornada para Las Cinco Jotas UB Lavadores na pista do Cisne BM. por 31-31. Partido en que nada xogaban ambos os dous conxuntos e que tivo un xogo moi igualado durante todo o encontro.

 

Os Cinco Jotas UB Lavadores venceu o sábado ao OAR Coruña por 29-21 nun partido intranscendente para ambos os dous conxuntos, xa que se atopan situados na parte media da táboa de clasificación, a unha xornada para o final de liga. O próximo sábado os vigueses enfróntanse ao Cisne BM. a domicilio. O encontro, ao igual que todo os da Primeira Estatal masculina, será ás 19 h.

 

Vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o Bueu Servi-Auto por 28-23. Encontro sen complicacións para os vigueses que foron sempre por diante no marcador. A próxima xornada volven xogar na casa, esta vez ante o O.A.R. Coruña. O partido será o sábado 5 de abril, ás 18.30 h.

 

Os Cinco Jotas UB Lavadores venceu ao Granitos Ibéricos Carballal por 29-31 nun partido onde a tónica xeral foi a igualdade de xogo. O equipo vigués aséntase na zona tranquila da táboa de clasificación. A próxima xornada recibirá ao Servi-Auto Bueu At. O encontro será o sábado 29 de marzo ás 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

O Cinco Jotas UB Lavadores venceu o sábado ao Pavillón por 38-23 no pavillón de Lavadores. Os vigueses necesitaban gañar para asegurar a permanencia na categoría. A próxima xornada enfrontaranse ao Granitos Ibéricos a domicilio. O partido será o domingo 23 de febreiro ás 12.30 h.

 

O Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado ante o Calvo Xiria por 29 a 23. Os vigueses fallaron no tiro nun partido onde desaproveitaron tres penaltis nos últimos minutos de xogo. A próxima xornada reciben o BM Pab. Ourense. O encontro disputarase o sábado 15 de marzo, ás 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

 

O Cinco Jotas UB Lavadores venceu o sábado ao Artabro por 30-23 no pavillón de Lavadores. Partido máis doado do esperado e triunfo merecido para os locais. O próximo fin de semana a primeira estatal masculina de balonmán descansa e retomará a competición o sábado 8 de marzo. O Cinco Jotas xogará na cancha do Calvo Xiria.

 

Contundente vitoria do Embutidos Lalinense Balonmán Lalín ante o Cinco Jotas UB Lavadores por 37-22. Os vigueses foron inferiores e o árbitro tampouco os axudou. A próxima xornada recibirán ao BM. Artabro Novo Mesoiro, o sábado 22, ás 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

A punto estiveron os xogadores do Cinco Jotas UB Lavadores de romper a sorte do Atlético Novás, con 17 partidos xogados e 17 vitorias. Caeron derrotados, o sábado no pavillón de Lavadores, por 27-28 nun grande partido no  que a falta de segundos para o final os vigueses dispararon a porta, lanzamento que detivo o porteiro do Novás, moi acertado. A próxima fin de semana, o Cinco Jotas viaxará a Lalín para enfrontarse ao Embutidos Lalinense, o sábado, 15 de febreiro ás 18.30 h. no Lalín Arena.

 

O Cinco Jotas UB Lavadores gañou o sábado, a domicilio, ao SAR Plástic por 21-36. A pesar da falta de adestrador por parte viguesa, o Cinco Jotas venceu con contundencia ao equipo redondelano. A próxima xornada os vigueses recibirán ao Mecalia At. Novas. O partido será o sábado 8 de febreiro, ás 18.30 h. no Pavillón de Lavadores.

 

O Cinco Jotas UB Lavadores empata na sua cancha ante o Luceiros por 24-24. Os visitantes levaron case todo o encontro a iniciativa no marcador e o equipo vigués logrou un meritorio empate nos últimos minutos de xogo. A próxima xornada viaxarán a Redondela para enfrontarse ao S.A.R. Plastic Omnium. Será o o sábado, ás 18.30 h. no Pavillón Municipal de deportes da localidade veciña.