torneo madal noti

A cinco días do inicio do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol, xa están dispoñibles os grupos e horarios de competición. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, incidiu na presentación do pasado 2 de decembro, que o torneo, que contará con cincuenta voluntarios, "consolídase como o gran evento do inverno mentres a Vigo Cup é o gran evento do verán".

 

 O Concello de Vigo pon en marcha de novo o Torneo de Nadal Concello de Vigo 2015/16. Desde o Concello quixeron dar un novo impulso a esta iniciativa que ten a firme intención de atender a demanda de competicións durante o periodo navideño, coincidendo co descanso das competicións do ámbito federativo.

 

torneo nadalO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou onte a apertura do prazo de inscrición, para o III Torneo Concello de Vigo de Nadal, previsto nas modalidades de fútbol 8 e fútbol 11 durante cinco días, do 28 ao 30 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro, en dezaseis campos da cidade.