• 1
  • 2

VIDE suma máis programas para a tempada 21-22 e mantén as súas actividades estrela

VIDE suma máis programas para a tempada 21-22 e mantén as súas actividades estrela

12 Novembro 2021

Vigo en Deporte executará na tempada 2021/22 ata catorce programas para clubs, deportistas e competicións, anunciou o edil de Deportes e vicepresidente da fundación, Manel Fernández na presentación das actividades.

Ler máis...

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

17 Decembro 2020

As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.

Ler máis...

Web Torneo Afavi

Do 26 ao 29 deste mes, un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán o VII Torneo de Nadal Concello de Vigo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o "Super 6" alevín do sábado 28.

 

BecasDeportSexto ano consecutivo das bolsas VIDE sub-23, con outros 20.000 euros que nesta oportunidade foron a deportistas de disciplinas individuais, aínda que estaban abertas a modalidades de dúos, tríos e cuartetos.

 

Torneo nadal 2018 AO Concello de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) abren o prazo de inscrición para a sétima edición do Trofeo Concello de Vigo de Nadal na modalidade de fútbol 8.

 

Becas concello 2018A Fundación Vigo en Deporte, que preside o concelleiro Manel Fernández por delegación do alcalde da cidade, Abel Caballero, abriu o prazo de inscrición para a súa convocatoria de bolsas anuais a deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos pola tempada deportiva 18/19.

 

IMG 0652 2En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.