• 1
  • 2
  • 3

Un veciño de Ponteareas, que mercou o boleto ao CD Coya, gañador do ciclomotor da Vigo Cup sorteado polo concesionario Hyupersa

Un veciño de Ponteareas, que mercou o boleto ao CD Coya, gañador do ciclomotor da Vigo Cup sorteado polo concesionario Hyupersa

09 Xullo 2019

O boleto número 11.933 resultou gañador do sorteo do ciclomotor da Vigo Cup, un scooter KSR Classic 125, que doou Hyupersa Vigo, o concesionario oficial da marca Hyundai na cidade. O derradeiro día do torneo, este domingo no Vao, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xerente de Hyupersa, Juan José Paz, extraeron tres boletos, o gañador e mesmo dous suplentes por esa orde.

Ler máis...

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

13 Decembro 2018

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entregou esta semana vinte bolsas por un total de 20.000 euros e suma deste xeito 100.000 euros de achegas a deportistas en idade sub-23 dende 2014 (modalidade individual, en parella, trío ou cuarteto). E coma é habitual, houbo un acto de entrega simbólica dun cheque para os vinte e tres elixidos.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

andrearicaA Fundación Vigo en Deporte está novamente de parabén. Tras o éxito do verán dun dos seus bolseiros elite, Sechu López, ao ascender ao G2, agora chega unha medalla en taekwondo.

 

O Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares mantén aberta a súa inscrición disputadas tres das cinco probas de que consta. Cando o emocionante campionato por puntos encara a súa recta final, a organización mantén aberto o prazo de inscrición porque dende a Concellería de Deportes e a Fundación VIDE, organizadoras deste evento, enténdese que se debe seguir animando a que o ou a atleta que o desexen inscríbanse no circuíto, que a día de hoxe conta con 118 inscritos.

subidaocastro

 

50x112fisu-forum-logo-with-A participación da Fundación Vigo en Deporte na organización do Foro FISU e dos Mundiais Universitarios de taekwondo, no 2010, consolidan a posición de VIDE na estrutura do deporte local pero tamén confirman á fundación ante os organigramas deportivos mundiais.

 

phoca_thumb_l_marta_fernandezDaniel Bargiela e Marta Fernández, do Corredoiras de Bueu e do Comesaña Sporting Club, respectivamente, fortaleceron coa súa participación e triunfo na Vigo+11 o 4 de outubro a súa posición no Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares. Bargiela foi terceiro na xeral da carreira, Trofeo El Corte Inglés, terceira proba do circuíto, mentres que a atleta gondomareña do Comesaña rematou primeira os 11,2 quilómetros urbanos.

 

100agrupacionVigo en Xogo, a competición recreativa por excelencia dá cidade, regresa ou fin de semana ás súas tres disciplinas: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. Auspiciada pola Agrupación Deportiva Vigo, que preside Alejandro Costas, este programa que ten ou apoio de Tenza de Alcaldía, Concellería de Deportes, Fundación Vigo en Deporte e IMD, leva cada domingo a un importante número de campos do municipio a entre 4.000 e 5.000 deportistas.