• 1
  • 2

VIDE achega 20.000 euros a trinta e un clubs grazas ao programa Siareiros e suma xa 183.000 € con esta liña de axudas dende 2011

VIDE achega 20.000 euros a trinta e un clubs grazas ao programa Siareiros e suma xa 183.000 € con esta liña de axudas dende 2011

29 Xuño 2020

A Fundación Vigo en Deporte, dedicada á promoción do deporte de base e que impulsa o Concello de Vigo, abonou estes días un total de 20.000 euros aos clubs do seu programa Siareiros pola tempada 19/20 e xa acumula unha achega de 183.000 euros por este concepto dende que Manel Fernández, edil de Deportes, asumiu a Vicepresidencia de VIDE no 2011.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

125logo-siareirosA Fundación Vigo en Deporte remitiu aos clubs da cidade a posibilidade de inscribirse no programa Siareiros 2009/2010. Esta iniciativa contempla como cada ano a posibilidade para os equipo de elite de incorporarse á opción Siareiro Elite, que permite cun só carné captar socios para ver todos os partidos dos equipos incluídos nese programa, e a opción Siareiro Club, que aglutina aos simpatizantes dos clubs de base que realizan unha pequena achega a modo de axuda.

 

A Fundación Vigo en Deporte organiza mañá xoves ás 20.00 horas no Verbum o acto de inicio da tempada 2009/2010 dos clubs Siareiros Elite e Siareiros Base. Este encontro do deporte vigués, que pretende ser anual, incluirá a entrega dos Premios Siareiros 08/09, unha iniciativa máis para dinamizar un sector que move e forma centos de mozos e mozas cada ano.

 

pantallazo-web

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) estreou nova páxina web. O novo portal de internet, na mesma dirección que a anterior, pretende dar unha resposta máis moderna á demanda dos usuarios de internet do deporte local, cifra en constante crecemento dende que este sistema de comunicación se instalou na vida dos cidadáns e cidadás.

 

salida-vigo11-mediosGran satisfacción entre os organizadores do Vigo+11, polo éxito da convocatoria na que, a pesares da adversa meteoroloxía, logrou convocar na liña de saída a un milleiro de corredores e corredoras de todas as idades, que desafiaron á choiva e potenciaron, coa súa presenza, a proba urbana da cidade.

 

presentacionmemoria2008Laura Magdalena, xerente da Fundación, presentou o pasado mes de xullo, no Concello xunto con Xabier Alonso, Presidente, a primeira memoria pública da Fundación VIDE nun empeño persoal de amosar transparencia na xestión dos recursos.